Pide al Gobierno que incremente los fondos destinados a la ayuda humanitaria

SIGAMOS A FALAR DE PALESTINA

EXPOSICIÓN VESTIDOS DE PALESTINA

Propietaria da roupa e colaboradora do evento: María Fuencisla. 

VIGO-Expo-Vestidos de Palestina-Julio 26-2

LUGAR

Tenda de Comercio Xusto de Oxfam Intermón en Vigo.

Rúa triunfo 4 (VIGO)

FECHA

Do 6 ao 18 de xullo de 2026

Horario de tenda: L-S de 10.30 a 13:30h e de 17.30 a 20:30h. 

A exposición “Vestidos de Palestina” invita a descubrir unha das expresións máis representativas da cultura palestina: o Tatriz, o bordado tradicional palestino recoñecido como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. A través dunha colección de vestidos bordados e pezas artesanais, a mostra achega ao público un rico legado cultural que sobreviviu ao exilio, a ocupación e o paso do tempo, converténdose nun símbolo de identidade e resistencia. 

As pezas expostas foron elaboradas por cooperativas de mulleres palestinas de campos de refuxiados e por artesáns palestinos. Nos seus bordados aparecen motivos inspirados na natureza e a vida cotiá —estrelas, flores, alciprestes, oliveiras, trigo, ondas do mar ou figuras xeométricas—, así como cores e deseños propios de cada pobo ou aldea, transmitidos de xeración en xeración durante séculos. A exposición inclúe ademais dúas pezas históricas de gran valor: un Yelek ou bata de Xerusalén de ao redor de 1920 e un bordado beduino do sur de Palestina datado ao redor de 1900. 

Organizada polo equipo de Oxfam Intermón en Vigo e coa colaboración de María Fuencisla, propietaria das pezas expostas, esta iniciativa enmárcase baixo o lema "A cultura como resiliencia” e o ciclo de actividades na tenda de Comercio Xusto de Oxfam Intermón en Vigo Sigamos a Falar de Palestina. A mostra pretende ofrecer unha aproximación á historia, a memoria e a creatividade do pobo palestino, poñendo en valor unha tradición que continúa viva e que representa a capacidade dunha comunidade para preservar a súa identidade cultural fronte á adversidade.

 

WhatsApp Image 2026-07-04 at 23.45.25 (2)

 

ESPERÁMOSVOS!